Preguntas frecuentes


¿Que significa ANPA?

ANPA é o acrónimo -tipo de sigla que se pronuncia como unha palabra- de Asociación de Nais e Pais de Alumnos.

¿Como me fago socio da ANPA As Lavandeiras?

Facerse socio das Lavandeiras é moi doado, so tés que:
  1. Cumprimentar correctamente a ficha de inscripción de socio cos teus datos
  2. Abonar o importe da cota anual de socio vixente para o curso actual

¿Onde consigo a ficha de inscripción de socio?

Haberá copias no taboleiro de anuncios da ANPA no colexio, está na entrada a man dereita. Tamén nola podes pedir a calquera membro da Xunta Directiva cando nos vexamos, nas reunións, no colexio ou mesmo na parada do autobús. Ou ben tamén podela descargar dende aquí.

¿Quen pode ser socio da ANPA As Lavandeiras?

Según os nosos estatutos: "Poderán ser membros da Asociación todos os pais ou titores maiores de edade, dos alumnos que cursan estudios no CEIP Manuel Murguía de Feáns, 15190, A Coruña"

¿Canto costa ser socio da ANPA As Lavandeiras?

A cota de socio debe ser aprobada pola Asamblea Xeral para cada curso. É unha cota de pago anual e por familia, os importes para o curso 2015-2016 serán os seguintes:
  1. 20€ ao ano para familias con 1 fillo matriculado no centro.
  2. 30€ ao ano para familias con 2 fillos matriculados no centro.
  3. 35€ ao ano para familias con 3 ou máis fillos matriculados no centro.

¿Como pago a cota de socio?

A cota de socio abóase nun único pago anual de calquera das tres formas seguintes:
  1. En efectivo á tesoureira da ANPA, que che entregará un xustificante de pago da dita cota.
  2. En efectivo, ingresando o importe na conta corrente das Lavandeiras La Caixa, oficina 5876 de Mesoiro. Fai constar o  "cota+nome e apelidos do teu/s fillos" no concepto, para que poidamos identificar que socio está pagando.
  3. Por transferencia bancaria a conta das Lavandeiras, cumprimentando os mesmos datos sinalados no apartado anterior. Podes poñerte en contacto connosco e facilitarémosche o número de conta.

¿Cal é o prazo para facerse socio?

Cada curso fíxase a data límite para asociarte. No curso 2015/2016 podes facerte socio da ANPA As Lavandeiras ata o (data pendente de fixar), non se admitirán pagos das cotas de socio despois desta data salvo para novas incorporacións/matrículas.

¿Como lle fago chegar a documentación a ANPA As Lavandeiras?

Deixa a ficha de socio (o xustificante de pago da cota, non é necesario se no ingreso especificache ben o concepto) no buzón da ANPA situado baixo o taboleiro de anuncios -entrando no colexio a man dereita- e nós a recolleremos alí. Tamén nola podes entregar a calquera membro da Xunta Directiva, se che resulta máis doado.

¿Información sobre o Comedor Escolar?

Podes consultar toda a información sobre este servizo no apartado comedor, desta web

¿Información sobre Madrugadores?

Podes consultar toda a información sobre este servizo no apartado madrugadores, desta web