Novas‎ > ‎

Novo acceso para o CEIP Manuel Murguía

publicado a la‎(s)‎ 26 dic. 2014 1:50 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 26 dic. 2014 1:57 ]
Seica Papá Noel deixou, por fin, unha nova porta de acceso para o noso colexio


Non era sen tempo! anos levamos dende esta ANPA pedindo que se faga algo co acceso ao noso centro e parece que a volta das vacacións de Nadal os alumnos non terán que superar unha gymcana para acceder ás aulas.


A obra xa se anunciaba hai un tempo dende o Servizo Municipal de Educación, pero preferimos aplicar o "se non o vexo non o creo" para contárvolo, probablemente non sexa a solución ideal pero con esta pequena intervención mellórase claramente a accesibilidade ao CEIP Manuel Murguía ¿Deixarannos algo máis os Reis Magos? co bos que fumos todo o ano...
Comments