Novas‎ > ‎

Inicio do procedemento de admisión: curso 2015-2016

publicado a la‎(s)‎ 2 feb. 2015 6:13 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 2 feb. 2015 6:21 ]
Un curso máis comeza o procedemento de admisión para o curso 2015-2016

E que resulta que os cativos crecen antes do que pensamos e xa toca escolarizalos para o vindeiro curso 2015-2016. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou na súa web o pasado 28 de xaneiro a información relativa a este procedemento.

Como é habitual irémosvos informando puntualmente de todos os prazos, sorteo das letras no caso de empate a puntos, xornada de portas abertas para que poidades visitar o centro, mapas coas zonas de influencia de cada cole, etc...

Podedes ampliar a información na web da Consellería:

http://www.edu.xunta.es/web/node/14293

Comments