Novas‎ > ‎

FESTA FIN DE CURSO DO ANPA AS LAVANDEIRAS 2016-2017

publicado a la‎(s)‎ 9 jun. 2017 9:31 por María Romero Roel   [ actualizado el 9 jun. 2017 9:33 ]
Outro ano mais remata o curso e como non facelo cunha fermosa festa na que todos e todas poidamos pasalo moi ben.

O próximo  VENRES 16 DE XUÑO.

Estamos a preparar unha divertida tarde de xogos, lembrades que o ano pasado tivemos unha "festa pirata" pois neste deixamos os mares para adentrarnos nunha nova temática que vai ser......"XOGA CON NÓS O TRIVIAL" iso sí, un trivial moi especial xa que as probas e preguntas que temos que resolver serán dos seguintes temas: CONTOS, DEPORTES, MÚSICA, A NOSA CIDADE, CINE/DEBUXOS ANIMADOS  E OS ANIMAIS E O MEDIOAMBENTE. ¿Divertidos, non? ¡¡POIS CLARO!!

                A FESTA COMENZA AS 17:00 E REMATA AS 20:00 HORAS. (os nenos e nenas que van a actividade de cóxegas estarán ata as 18:00 cos monitores, a partir desa hora ou ben os recollen para ir a casa ou os pais e nais quedan a xogar con eles)

Despois unha boa merenda para repoñer forzas, na que coma sempre son ben recibidos todos eses pratos que as nais e pais preparan con tanto amor e que sempre están  DELICIOSOS. O ANPA poñe menaxe  e bebidas, tamén algo de picoteo. 

                Pois agora ¡¡SOLO FALTADES VOS!!. ¡¡Animádevos a vir e pasar unha tarde diferente e moi divertida!!

A fin de poder organizar ben a festa rogamos que indiquedes o número de asistentes á mesma no seguinte formulario.

Festa fin de curso do ANPA As Lavandeiras



Comments