Novas‎ > ‎

COMEDOR CURSO 2020/2021

publicado a la‎(s)‎ 13 ago 2020 10:44 por María Romero Roel   [ actualizado el 14 ago 2020 9:20 ]
CEIP MANUEL MURGUÍA – CRITERIOS DE ACCESO COMEDOR 2020-2021

datas de inscripcións dende o 19 de agosto ata o 4 de setembro

Esperamos que esteades ben, vós e os vosos seres queridos. Como sabedes, iníciase un curso escolar complexo marcado pola aplicación dos diferentes protocolos de seguridade e hixiene para previr o COVID-19. Estes protocolos tamén afectan o comedor especialmente na distancia de seguridade que se debe manter entre todos os nenos e nenas, así como nas medidas de limpeza e desinfección dos espazos (por exemplo, entre quendas de comedor) e a distribución das zonas de xogo.
Unha consecuencia importante da aplicación destes protocolos é a redución do aforo dos espazos con relación á capacidade que adoitamos ter en circunstancias normais. É dicir, van caber menos nenos e nenas no comedor. É por isto que a ANPA decidiu uns criterios de acceso a aplicar no caso no que haxa máis solicitudes que espazo dispoñible.

Adicionalmente e mentres dure esta situación, a ANPA decidiu suspender temporalmente o uso esporádico do servizo de comedor. Con todo, poderanse autorizar excepcións por causa maior. Ao non prever problemas de espazo, mantense con normalidade o uso esporádico no servizo de madrugadores.
Criterios de acceso ao comedor (por orde):
    1. Hase de estar ao día de pagos coa ANPA e con Jardanay para que a inscrición sexa válida.
    2. Os alumnos beneficiarios de bolsa comedor.
    3. Necesidade de conciliación: que ambos os titores traballen en horario que imposibilite a atención ao mediodía aos nenos e/ou nenas ou un no caso de familias monoparentais.
    4. Orde de inscrición.
NOTA - Tanto para os casos 2 e 3, a ANPA solicitará a correspondente documentación (en caso necesario).


Dende a ANPA estamos a traballar con JARDANAY para minimizar o impacto nas familias e propoñer alternativas, como é Jardanay en casa (un menú para levar).
Ċ
María Romero Roel,
13 ago 2020 10:44
Comments