Novas‎ > ‎

Aclaración aspectos tratados na asamblea xeral extraordinaria 27.02.20

publicado a la‎(s)‎ 27 feb. 2020 14:29 por Usuario desconocido

Na asamblea xeral extraordinaria da ANPA As Lavandeiras realizada no día de hoxe no CEIP Manuel Murguía en base a convocatoria establecida, aclaráronse os seguintes aspectos:


- Servicio de comedor e madrugadores: a empresa que actualmente presta os devanditos servizos, informounos de que non se solicitará un mínimo de nenos para o seu funcionamento, mantendo os prezos que actualmente se veñen cobrando (salvando as actualización anuais que se realizan habitualmente).

- Actividades extraescolares: dende a Fenderación de ANPAS de A Coruña, transmítennos a súa colaboración absoluta para manter as mesmas, reducindo o número de alumnos mínimo que se requiren para poder mantelas (10 nenos cada 3 cursos). Poderíanse así manter as actividades en horario de 16:00 a 17:00h , e de 17:00h a 18:00h.


Respecto ós temas administrativos, o representante do colexio que asistíu á reunión, confirmou:


- Solicitude de prazas no novo colexio: No caso de solicitar praza no novo colexio, se cha conceden perdes a praza do Manuel Murguía, pero se non cha conceden mantes a praza do Murguía.

- Unha gran presenza de pais e nais á xornada de portas abertas con entorno as 30 familias.

- Equipo directivo: A xubilación neste curso 2019-2020 da actual directora e a intención por parte do profesorado de manter a dirección nas mans do actual equipo directivo do Murguía.

- Desglose de aulas: No caso de atoparse un aula con 28 nenos é necesario solicitar o desglose da mesma, pero cabe a posibilidade de que a resposta a esa solicitude se retrase e estén 28 nenos na aula durante un curso enterio. Así mesmo, se hai un mínimo de 11 nenos por aula xa non se xuntan dúas clases de distintos niveles.


Ante calquera dúbida non dudedes en consultarnos.


ANPA As Lavandeiras

Comments