Se queres colaborar nesta sección, ou en calquera outra da web da ANPA, so tes que poñerte en contacto connosco a través do formulario de contacto.
Novas
Se queres colaborar nesta sección, ou en calquera outra da web da ANPA, so tes que poñerte en contacto connosco a través do formulario de contacto.
PROGRAMA CÓXEGAS
Queridas familias: Agardando a maior normalidade de cara aos vindeiros meses, voltan a ofertar unha vez mais dende Federación o programa de conciliación CÓXEGAS que se desenvolverá no mes de xuño dende o martes día 1 ate o venres 18, de luns a venres en horario de 16 a 18h. Dado o período de pandemia no que nos encontramos e dacordo cos protocolos vixentes co centro, os criterios de agrupamento serán os que existen actualmente, agás modificacións impostas polas autoridades sanitarias: Educación Infantil 1º a 3º Primaria 4º a 6º Primaria.
Prazo de inscrición: Del 3 al 7 de maio en www.fedapascoruna.org/inscripciones Custo do programa: 15 €/participante. |
Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2021-2022
Hoxe 30 de marzo de 2021 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022.
O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.
Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).
A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.
NOTA: Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Naqueles casos que por imposibilidade legal non dispoñan de ningún dos documentos anteriores, poderán presentar unha instancia no rexistro solicitando a cobertura do gasto de comedor con outro recurso, que será valorado polos equipos técnicos especializados |
APROBACIÓNS DOS SOCIOS - ASAMBLEA XERAL - OUTUBRO - ANPA AS LAVANDEIRAS
IMPORTANTE Tras a asemblea xeral do pasado xoves 22 de outubro de 2020, aprobouse un dos puntos da orde do día: 3. Previsión de contas para ou curso 2020-2021 3.1. Proposta de baixada dás cotas de socio do ANPA As Lavandeiras; como caso excepcional durante ou curso 2020-2021, motivado pola situación dá COVID -19. Por conseguinte: cota socio ANPA As Lavandeiras como caso excepcional para este curso 2020-2021 5 € por neñ@.
Reunión ordinaria da Asemblea xeral da ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía.
Dada a situación na que nos atopamos, e ante a imposibilidade de realizar unha reunión presencial, por cuestións de aforamento por COVID-19; realizarase a través de videochamada, agradeceríamos que nos confirmedes a asistencia a través da ligazón abaixo indicada para poder unirse á reunión na plataforma elixida. CONFIRMACIÓN ASISTENCIA Podedes descargar a ORDE DO DÍA no arquivo adxunto |
ENTRADAS E SAÍDAS DOS NEN@S NAS ACTIVIDADES
ENTRADAS NEN@S PROCEDENTES DE COMEDOR. 1. 15:50. Os educadores de comedor, recollerán aos nen@s que teñan actividades segundo o día que corresponda, e situaranos no ximnasio segundo a actividade e gardando as distancias esixidas segundo protocolo COVID-19. 2. 15:52. Chega o coordinador do centro de protocolo Covid-19, das actividades extraescolares Carlos ao gimnasio. 3. Procédese á toma de temperatura aos nen@s. En caso:
4. Procédese á limpeza de mans con xel desinfectante. 5. O grupo xunto co educador correspondente segundo a actividade, esperará situado no ximnasio ata completarse cos nenos procedentes de casa.
NEN@S PROCEDENTES DA CASA. (15:55 h) 1. 15:55. Hora de entrada. Realizarase pola porta exterior pequena do colexio, (a que está na metade da costa). 2. Os pais, nais, titores legais ou acompañantes xunto cos nen@s, esperarán a que o coordinador do centro Carlos, proceda á toma de temperatura para a comprobación de existencia de febre. En caso:
3. Procédese á limpeza de mans con xel desinfectante. 4. Reúnese co resto do grupo no ximnasio, onde o educador da actividade correspondente e os seus compañeiros estarán ao esperar.
SAÍDAS 17:00 1. 17:00. Realizaranse a través da porta exterior pequena do colexio, (a que está na metade da costa, a mesma que a das entradas). 2. Entregaranse os nenos ordenadamente por grupos, segundo a actividade e mantendo as distancias de seguridade.
Grazas pola vosa responsabilidade.
Lembrade que é a maior e mais eficiente medida para a seguridade de todos os nosos nen@s.
Mantede as distancias de seguridade fóra do recinto escolar. |
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2020-2021
Podedes consultar toda a información na pestana de ACTIVIDADES ou picando no seguinte ligazón: DATA COMENZO ACTIVIDADES 01/10/2020 Ligazón para as inscricións. Aínda estades a tempo ! actualizado a data de 01-10-2020 |
ACTIVIDADE JUDO
Debido á imposibilidade de ofrecer actividade de judo (polo de agora) na escola, @s nen@s que queiran comenzar ou continuar na actividade poden facelo nas instalacións do ximnasio Fibra. Ademais, impartiranse máis actividades como PSICOMOTRICIDADE, COSTURA, MANUALIDADES, LETTERING, ZUMBA, ETC. Para máis información 667536743 Jose R. López Gacio .( profesor de judo). Inscripciones https://forms.gle/2D32bqrj35Qfdwqb9 |
ALTA SOCI@S NOV@S OU ACTUALIZACIÓN DE DATOS DOS EXISTENTES.
FORMULARIO QUE SE CUBRE PARA NOVA INSCRICIÓN OU ACTUALIZACIÓN DE DATOS DE SOCIOS XA EXISTENTES. Agradeceríamos que os soci@s tamén cubran o formulario para confirmar os datos e actualizar as nosas bases de datos, debido ao cambio de moitos soci@s á nova escola e á nova situación debido ao covid tedes que aceptar y actualizar las autorizaciòns. Moitas grazas. Enlace a formulario: |