Escola de nais e pais



Dende ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía non esquecemos que, a pesar de que a  educación das nosas fillas e fillos é o máis importante, somos unha asociación de nais e pais,  e a  educación deles comeza pola nosa propia, as veces nos costa atopar o xeito de enfrentarnos a certas situacións ou actitudes que se nos plantean na vida familiar a cotío. Por isto tentaremos organizar actividades, charlas, cursos... para todos nós,  que nos axuden a afrontar todas estas situacións nas que as veces nos vemos e que non sabemos como atallar.


Accede ao grupo de Facebook "AsLavandeiras" para obter maior información

https://www.facebook.com/groups/anpaaslavandeiras/


¿Neno movido ou neno hiperactivo?

publicado a la‎(s)‎ 10 mar 2015, 3:33 por Usuario desconocido   [ actualizado el 11 mar 2015, 7:48 ]

“Cuanto intentamos cambiar una conducta, el hecho de pretender cambiarla, nos impide la comprensión de la misma. Paradójicamente, para poder modificar una conducta, es fundamental conocer y comprender primero, por ello al intentar modificarla no podremos comprenderlo y fracasaremos. Esta charla es una introducción a la psicología y una explicación de como funciona la mente y en concreto la mente de una persona con TDAH. Con el fin de entender el problema y así tomar una nueva perspectiva , un nuevo ángulo que nos permita darnos cuenta del camino a seguir en la convivencia, educación o asistencia de las personas con TDAH”


Organizada por ANHIDACORUÑA (http://anhidacoruna.com/e impartida por Javier Estévez e Borja Rey psicólogos, pedagogos especializados en TDAH e colaboradores de ANHIDACORUÑA. 

Terá lugar o próximo venres 13 de marzo as 19:30 horas no Centro Cívico de Meicende (Arteixo) e estará aberta ao público en xeral, incluidos adolescentes a partir de 13 anos.


As plazas son limitadas polo que recomendamos inscribirse o antes posible a través do correo corunaanhida@gmail.com cos seguintes datos:
Nome:
Apelidos:
Profesión:
Teléfono:
Idade (no caso de ser menor):

A todos aqueles que se inscriban, confirmaráselles a su plaza a partir do 11 de marzo, pero poden anotarse dende este momento

Dende ANHIDACORUÑA agradecen a sua difusión para que ninguén quede sen a oportuninade de acudir.



Uso sen abuso de videoxogos e smartphones

publicado a la‎(s)‎ 19 feb 2015, 2:57 por Usuario desconocido

Este sábado, 21 de Febreiro, celebrarase en Santiago a "XIII Xornada de Nais e Pais. Educando en Igualdade" que nesta ocasión ten o título "Extratexias lúdicas en Igualdade: Uso sen abuso de videoxogos e smartphones"

A idade dos obradoiros está recomendada para nenos de 9 a 13 anos. 

Inscrición remata o 19 de febreiro pero aceptan inscripción ata completar aforo. Podes inscribirte no correo xornadas.igualdade@xunta.es ou no número 981 520 090

A xornada consta de sesións informativas para nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico para os nenos e nenas. "As familias poderán xogar de forma conxunta a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, compartindo baixo parámetros de igualdade, dende cada perspectiva, a súa experiencia e coñecemento acerca da tecnoloxías, os seus retos e as súas oportunidades con especial énfase na prevención do seu uso abusivo."

Podedes atopar a información completa e o formulario de inscripción na web da Xunta: http://igualdade.xunta.es/gl/programas/xiii-xornada-de-nais-e-pais-educando-en-igualdade

Charla-Coloquio - Adolescentes, Internet e Novas Tecnoloxías ...

publicado a la‎(s)‎ 14 oct 2014, 9:31 por Usuario desconocido   [ actualizado el 14 oct 2014, 9:44 ]

Dende a Asociación ADAFAD, en colaboración co Concello da Coruña e Afundación, convídannos a asistir á charla-coloquio que organizan o próximo día 29 de outubro na sede de Afundación (antiga Fundación Caixa Galicia).

Os interesados podedes inscribiros de balde no correo electrónico adafad@adafad.org (nome e apelidos, , correo electrónico, ocupación) ou no teléfono 981226926.





"Os resultados das investigacións dos últimos anos supoñen unha crecente preocupación polo uso que fan de Internet e das Novas Tecnoloxías os nosos adolescentes, traducíndose o seu impacto, a miúdo, en comportamentos de risco (ciberbullying, sexting) así como illamento social, fracaso escolar e frecuentes conflitos familiares.

Ante esta realidade social, escolar e familiar e co interese de profundizar na busca de solución, dous importantes expertos no tema a través de visións complementarias achegarán ao longo da charla-coloquio recomendacións de interese para pais, nais, profesionais do ámbito educativo, social e da saúde"


Educa Saúde: guía de hábitos saudables

publicado a la‎(s)‎ 7 oct 2014, 2:59 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 7 oct 2014, 2:59 ]

https://drive.google.com/file/d/0B4VgAsRmuRCyMThrODVzLXpOdXc/view?usp=sharing
A Fundación María José Jove e o Concello da A Coruña presentaron onte esta guía de hábitos saudables.

O programa Educa Saúde, promovido polo Concello da Coruña e pola Fundación María José Jove, naceu co obxectivo de mellorar a saúde e o benestar das nenas e nenos da Coruña. 

A través de charlas e actividades dirixidas ás nenas e nenos en horario escolar e aos seus familiares en horario de tarde, impártense contidos relacionados coa saúde no seu sentido máis amplo: físico, psíquico e social. 

Tras máis de dous anos de actividade e coa participación de máis de 10.000 escolares e as súas familias, a valoración das profesoras e profesores e das nais e pais foi moi positiva.

Esta publicación representa un paso máis. Deseñouse un libro en formato de pregunta resposta, o que facilita a súa lectura, e selecionáronse as preguntas tendo en conta os temas que os profesionais consideraron de maior interese e aqueles aos que as nais e pais deron máis relevancia nas sesións.

A guía foi elaborada polo equipo de profesionais do Educa Saúde: dúas enfermeiras, catro pediatras, tres psicólogas, dous educadores sociais e unha matrona. Un equipo con amplos coñecementos e experiencia na educación para a saúde, que traballou co criterio de incluír conceptos compresibles e rigorosos. Os avais concedidos pola Sociedade de Pediatría de Galicia aos contidos do Educa Saúde e a esta publicación certifican a súa calidade científica.

Animamos as nais e pais a unha lectura repousada deste libro e aconsellámoslles vivamente afonden en cada cuestión a través dos apartados “saber máis”, coa seguridade de que canto máis aprendan e coñezan, máis poderán facer para mellorar a saúde actual e futura das súas fillas e fillos.

"Uso responsable de Internet, Tuenti, Facebook, Tics en general. Prevención de riesgos y control de uso"

publicado a la‎(s)‎ 25 nov 2013, 23:08 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 25 nov 2013, 23:13 ]

O vindeiro xoves 28 de novembro, ás 19:00 na Fundación María José Jove (C/Galileo Galilei 6 edificio Work Center A Grela T. 981 160 265), recomendan a asistencia cos nenos/adolescentes, dada a temática das charlas. 

Esta charla está incluída dentro dun ciclo de  8 charlas que a Asociación ANHIDA CORUÑA, en colaboración coa Fundación María José Jove, ven organizando ao longo de 2013, dirixidas a pais de afectados con TDA-h, pero tamén a todos aqueles pais que estean interesados nas temáticas que se abordarán.

Educar en dereitos e deberes

publicado a la‎(s)‎ 24 may 2013, 3:42 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía

Conferencia do xuiz de menores de Granada Emilio Calatayud Pérez, o vindeiro mércores día 29 ás 20:00 h. na sede da Fundación Barrié (Cantón Grande, 9)



Xornadas sobre internet e redes sociais

publicado a la‎(s)‎ 20 may 2013, 2:46 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 20 may 2013, 3:43 ]

Á luz dos datos estadísticos e clínicos sobre a utilización que os menores fan de Internet é necesario plantexarse en qué medida somos parte da solución á hora de protexer aos nosos menores dos riscos das redes sociais en particular e de internet en xeral. Ante esta realidade social, familiar e escolar dende o Concello da Coruña e a Asociación ADAFAD, e no marco do programa educativo municipal “Educa Saúde”, convocamoslles a participar nas seguintes xornadas de formación:
  • Xoves, 23 de maio. Xornada de sensibilización na que destacados expertos presentarán o estado da cuestión na Deputación da Coruña a partir das 17:00 horas.
  • Mércores, 29 de maio. Obradoiro específicamente dirixido a pais e nais no que profesionais de Adafad traballarán os contidos necesarios para disminuir os riscos asociados ao mal uso de internet. O obradoiro desenvolverase no Centro Sociocultural Novacaixagalicia a partir das 17:30 horas.


"O outro sexo"

publicado a la‎(s)‎ 7 dic 2012, 1:57 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía

Luns, 17 de decembro de 17:30 a 19:00 última do ciclo charlas que levamos organizando dende xuño en colaboración coa ANPA da Caracola e o Centro Cívico de Mesoiro.

O vindeiro luns 17 de decembro, pechamos o ciclo de charlas para familias que dende a escola de pais levamos organizando dende finais do curso pasado xunto coa ANPA da Caracola, o Centro Cívico de Novo Mesoiro e impartidas por ADAFAD.


Coma sempre, podedes inscrivirvos na conserxería do propio Centro Cívico de Mesoiro.

Os deberes escolares: ¿son ou non son necesarios?

publicado a la‎(s)‎ 23 nov 2012, 4:52 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 23 nov 2012, 4:53 ]

Conferencia o vindeiro martes, 27 de novembro ás 17:00 na Facultade de Ciencias da Educación

Conferencia enmarcada dentro do ciclo de "Psicoloxía hoxe", parécenos un tema realmente interesante e que sempre suscita debate entre familias, docentes, centros de ensino, etc... Está organizada polos Departamentos de Psicoloxía e de Pscoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade da Coruña.

Impartida polo Dr. José Carlos Núñez Pérez, Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Oviedo, será o vindeiro martes, 27 de novembro ás 17:00 no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación, a entrada é libre ata completar o aforo.


Que pasa co outro? Que pasa comigo?

publicado a la‎(s)‎ 7 nov 2012, 7:47 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 7 nov 2012, 7:51 ]

As charlas promovidas pola escola de pais da ANPA incluídas dentro das actividades puntuais dos Centros Cívicos



O vindeiro luns, 12 de novembro de 19:00 a 20:30  organízase unha nova charla conducida por ADAFAD e programada en colaboración coa ANPA da Caracola, e o Centro Cívico de Mesoiro. 

Como xa vos vimos contando dende esta sección da web, trátase  duns encontros participativos coas familias, nesta ocasión falaremos dos roles que cada un dos proxenitores temos dentro da unidade familiar e a implicación dos mesmos.



1-10 of 23