Eco-Escola‎ > ‎

CURSO 2019-2020

publicado a la‎(s)‎ 5 nov. 2019 2:17 por María Romero Roel   [ actualizado el 5 nov. 2019 2:37 ]





Dende hai uns anos, estamos a traballar conxuntamente o equipo docente e as familias que compoñen o CEIP Manuel Murguía.


CREANDO ESPAZOS E VIVENCIAS conxuntos entre: nenos, pais, profesores, avós, amigos, veciños…., facendo un colexio próximo a nos. 


Presentámosvos as seguintes xornadas:



DATAS

HORA

CONTIDO

Venres

08-11-2019

16:00 a 19:00

- Presentación do proxecto e organización de tarefas. 

- Organización de talleres cos nenos. 

- Acondicionamento do horto, para o comezo da plantación. 

- Inicio da plantación de sementeiros.

Venres

15-11-2019

16:00 a 19:00

- Montaxe invernadoiro. 

- Plantación do horto exterior. 

- Replantación de xardín vertical. 

- Replantación de plantas aromáticas e medicinais. 

- Montaxe composteiro.

Venres

22-11-2019

16:00 a 19:00

- Pintado de rosa dos ventos. 

- Pintado de barrotes.

Venres

29-11-2019

16:00 a 19:00

- Acondicionamento do recuncho creativo.

Venres

13-12-2019

16:00 a 19:00

- Plantación do horto interior.


Non vos esquezades de roupa e calzado que poida mancharse, tanto para os nenos como para os adultos. Se tedes algunha ferramenta que poida ser necesaria (aixadas, pas, etc…), sempre serán benvidas. Traede as vosas merendas. Cada un dos traballos estará condicionado polo tempo, podendo alterarse a orde das tarefas previstas.


AGARDÁMOSVOS ! 

Comments