Consello Escolar‎ > ‎

Preséntanse tres candidaturas para o 26N

publicado a la‎(s)‎ 23 nov. 2012 1:54 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 23 nov. 2012 2:09 ]
Yoana, Susana e Sonia: as tres candidatas para a representación das familias no Consello Escolar

O vindeiro luns, 26 de novembro entre as 16:30 e as 19:30 terán lugar as eleccións de representantes no Consello Escolar. Dado o incremento de alumnado experimentado nestes últimos cursos incrementaron tamén as unidades educativas e por tanto varía a composición do Consello Escolar, quedando como segue:
  • Directora do Centro
  • Representante municipal
  • 3 representantes do profesorado
  • 3 representates das familias
  • Secretario
No sector de pais estamos representados por Daniela Reguera Alonso, elexida hai dous anos, Daniel Cameselle Caride, como representate da ANPA no Consello Escolar e queda unha praza vacante para a que se presentaron 3 candidatas.
As tres candidatas ao Consello Escolar Yoana Fernández, Susana Calzadilla e Sonia Rodríguez

Dende aquí querémosvos agradecer as tres nais que vos presentarades, ademáis é moi importante que se presentase máis de unha candidatura posto que, de darse algunha baixa no sector de pais/nais, sería cuberta coa persoa que quede en segundo lugar nestas eleccións, sen ter que agardar outros dous cursos para cubrir a dita praza. Como sabedes, nos Consellos Ecolares apróbanse asuntos tan importantes como a PXA (Programación Xeral Anual) o NOF (Normas de Organización e Funcionamento), a posta en marcha dun comedor escolar, o servizo de madrugadores, o uso dun uniforme escolar, empréndense procesos sancionadores, apróbanse as contas do centro, etc... Por iso é importante que participedes e elixades aquela persoa que creades que mellor vos represente neste órgano

Lembrámosvos que podedes votar a nai e o pai dos alumnos matriculados no centro, e animámosvos a facelo o vindeiro luns. O Consello Escolar é o único órgano con poder de decisión no que temos representación as familias, por iso agradecemos a vosa implicación coa vida escolar e, en definitiva, coa educación dos vosos fillos.

26 de novembro. Vota
Comments