Consello Escolar‎ > ‎

Presentación de candidaturas ao Consello Escolar

publicado a la‎(s)‎ 12 nov. 2014 5:35 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 12 nov. 2014 5:35 ]
O venres día 14 remata o prazo para a presentación de candidaturas para a elección do representante do sector de nais, pais e titores legais


Este ano, como sabedes, toca renovación parcial dos representantes nos Consellos Escolares. Como vos resumimos ao pricipio desta sección este ano hai diferencias dado que coa entrada en vigor da chamada Lei Wert, estes órganos pasan a ser un elemento prácticamente consultivo, co cal a dirección do centro pode tomar as decisións independientemente do que dicte este órgano.

Tras anos e anos loitando dende as ANPAs para que a participación e decisión das familias no eido educativo sexa maior, non só non se aumenta senón que se nos quitan competencias. Por iso é, se cabe, máis importante a nosa participación nestas eleccións. Cando menos estar presentes, escoitar, e que nos escoiten.

Por sorte, neste centro, coma noutros tantos, a dirección manifestou a súa intención de seguir dialogando e chegando a acordos nos Consellos Escolares como ata agora.

Un dos representantes do sector de pais noméase dende a ANPA, dende agora será Mª del Carmen Castelo Rivera, da Xunta Directiva, xa que Daniel Cameselle puxo a súa praza a disposición da ANPA.

Por tanto, este curso renóvase un dos representantes do sector de pais, para o que vos animamos a presentarvos, é importante que se presente máis dunha persoa, para que así quede lista de suplentes, en caso contrario, de ser baixa o titular, non se podería cubrir a praza ata o próximo proceso electoral.


¡Presenta candidatura, anímate: venres día 14 último día!



Tedes máis información sobre o proceso nesta ligazón