Consello Escolar‎ > ‎

O Consello Escolar decidirá como se outorgará o punto "por criterios complementarios"

publicado a la‎(s)‎ 15 mar. 2013 5:24 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 15 mar. 2013 5:26 ]
O vindeiro luns, 18 de marzo, reunirase en sesión extraordinaria o Consello Escolar, cun único punto na orde do día: fixar o criterio para outorgar o dito punto.

Hoxe publícase no DOG a "ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan nsinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación" nesta orde establécese que "os consellos escolares poderán establecer un criterio complementario consistente en circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente, de acordo con criterios obxectivos, debendo sinalar a forma de acreditalo".

A presidenta do Consello Escolar e directora do centro, Ana Berta Martínez Boga, convocou a correspondente reunión extraordinaria para o vindeiro luns, 18 de marzo, ás 17:00, na que se deberá acordar o criterio para outorgar o punto por criterios complementarios, que establece a Orde.

A representación da ANPA no Consello Escolar apoiará a iniciativa da Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público (FEGADICEP), respaldada pola Federación Provincial de APAspara aprobar como criterio complementario valorado con 1 punto elección en primeiro lugar de un de ensino público, facéndose a acreditación polo propio centro, sendo o documento acreditativo a propia solicitude de admisión recollida na Orde.

O contido do criterio aprobado polo Consello Escolar, en todo caso, exporase no taboleiro de anuncios do propio colexio e nesta web, xunto coa restante documentación contemplada no artigo 13.2 da Orde.
Comments