Consello Escolar‎ > ‎

Consello escolar: moitos proxectos en marcha

publicado a la‎(s)‎ 3 feb. 2011 6:54 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 5 mar. 2011 1:56 ]
O pasado luns 31/01/2011 reuniuse o Consello Escolar do CEIP Manuel Murguía, coa asistencia da presidenta Ana, os representantes dos profesores Rosa e Rubén, e a representación das nais e pais a través de Daniela e Daniel.
Nesta sesión ordinaria que comezou ás 17:30 h, leuse e aprobouse por unanimidade a acta da anterior reunión do día 29/10/2010, onde o aspecto máis salientable era a aprobación da P.X.A. (Programación Xeral Anual).

Gradas e pista polideportiva do CEIP Manuel Murguía

Tamén de forma unánime déuselle o visto e prace ao balance económico do pasado exercicio 2010, que deixaba un saldo positivo duns 2000€ nas arcas do CEIP Manuel Murguía.

Dentro do seguimento da P.X.A. revisáronse certos aspectos, como o número de alumnos actual desglosados por edades que, tras algunha baixa e as últimas altas, é de 87 rapaces, o cal é un bo aumento porcentual se o comparamos cos 54 alumnos do curso pasado. Dependendo da matriculación que se acade de cara ao vindeiro curso 2011-2012 é posible que haxa que desdobrar algún outro grupo. A tirada da revista escolar tamén será revisada a alza, debido a este notable incremento da matriculación. Dentro dos obxectivos das festas e celebracións do centro recóllese o "acercamento da escola ao entorno" e a "recuperación de parte da nosa historia e cultura", o presidente desta ANPA, Daniel Cameselle, propón como medida para cumprir estes obxectivos contactar coa AVV de Feáns, que conta con gran arraigo na zona, e é un recordo vivo dos costumes e cultura do lugar onde se ubica o centro, un núcleo rural que pode aportar una información valiosísima e que nas cidades se está a perder.

Na rolda de intervencións, pregúntase polas xestións que está a realizar o centro coa encamiñadas a renovar a aula de informática, aínda pendientes de novas reunións, parecen marchar por bo camiño. Tamén se pide, por parte do representante da ANPA no Consello Escolar, que o enlace a A.P.A. que o centro dispón na súa web municipal, en lugar de dirixir a un "estamos traballando" o faga a ésta web, para facilitar a información sobre este centro ao público en xeral. Asemade, ofrécese o sitio web da ANPA As Lavandeiras para aloxar toda aquela información que tanto a dirección como o equipo docente queiran publicar. O presidente desta ANPA tamén pregunta polas visitas que tanto os técnicos da Xunta como os do Concello fixeron a este colexio nos últimos días, resultado das solicitudes feitas a ambos organismos pola ANPA As Lavandeiras, neste sentido infórmaselle que a Xunta podería estar estudiando unha ampliación da escola, e que os técnicos municipais xa visitaron o centro co contratista que, presumiblemente, comezará as obras a curto prazo para dotar ao colexio de comedor e dun ximnasio remozado, tal como se falou na reunión que esta ANPA solicitou cos representantes municipais e que tivo lugar o día 13 do pasado mes de xaneiro.
Comments