Consello Escolar‎ > ‎

24N: eleccións ao Consello Escolar

publicado a la‎(s)‎ 19 nov. 2014 5:36 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 19 nov. 2014 5:45 ]

O luns 24 de novembro de 16:30 a 19:30 elixirase aos representantes das familias no Consello Escolar

A pesar de que coa entrada en vigor da Lei Wert este órgano perde peso na organización dos centros, animámosvos a todos a acudir a votar o vindeiro
luns 24 de novembro entre ás 16:30 e as 19:30 ao colexio.

Precísamente por este motivo, o ter reducido o Consello Escolar a un órgano prácticamente consultivo, se cadra, é mais importante que as familias esteamos representadas nel, que saibamos de qué se fala, que expresemos a nosa opinión, necesidades, inquedanzas e esteamos debidamente representadas.

Os Consellos Escolares renóvanse parcialmente cada dous cursos, este ano, no sector de pais/nais/representantes legais, renóvase un dos postos, actualmente ocupado por Daniela, que se volve a presentar á reelección sendo os candidatos:
  1. Susana Calzadilla
  2. Eugenia Pérez
  3. Daniela Reguera
  4. Daniel Cameselle

Luns 24: achégate a votar!
Comments