Comedor escolar‎ > ‎

Onde como?



O NOSO NOVO COMEDOR (2016)







Como como? | Onde como? | Que como?

¿Onde como? -pois no cole- no cole si, pero ¿onde? Ese foi un dos maiores problemas que nos atopamos cando, tras constituir a ANPA As Lavandeiras a finais de setembro do 2010, quixemos poñer en marcha o comedor.

O CEIP Manuel Murguía é un colexio pequeno, característica que moitos de nós vemos coma unha ventaxa pero o certo é que tamén ten os seus inconvintes: atopar un espazo que poidera albergar o comedor escolar non foi doado, e menos aínda conseguir que se fixera a correspondente obra de acondicionamento. Finalmente foi o Servizo de Educación do Concello da Coruña o que abordou a obra: tirouse un tabique para "encoller" un pouco a sala multiusos e "facer crecer" unha pequena aula de informática xa en desuso.

Imaxes antes e durante as obras para habilitar un espazo que poidera albergar o comedor

Aspecto da estancia destinada a comedor xusto ao rematar as obras de acondicionamento

O resultado foi unha estancia con boa luz e ventilación natural, que permitirá dar cabida ao redor de 50 comensais, situada xusto en fronte do ximnasio e ao carón da biblioteca.

Pouco a pouco vanse introducindo melloras neste novo espazo: mobiliario, percheiros, etc...

Hoxe o comedor xa non presenta este aspecto onde case se pode sentir o eco do valeiro, senón que está cheo das voces e das risas manchadas de salsa de tomate dos nosos cativos.

O camiño ata aquí non foi doado, podedes ler máis dun artigo ao respecto na sección de "novas", pero se lle botades unha ollada as fotos, seguro que estaredes de acordo connosco en que ben pagou a pena.