Comedor escolar‎ > ‎

Como como?


Como como? | Onde como? | Que como?

¿Xa estás desexando quedar a xantar no comedor? sentimos decirche que só poden comer no cole os teus fillos matriculados neste centro, por iso é un comedor escolar. 

Imaxinamos que terás algunha algunha dúbida sobre o seu funcionamento, sobre cómo matricular ao teu fillo/a, etc... dende aquí tentaremos dar resposta as máis habituais, pero se aínda queres saber máis podes poñerte en contacto connosco.

Como matriculo ao meu fillo/a no comedor?

É moi doado, terás que cumprimentar una solicitude de praza como esta, con todos os teus datos incluso co número de conta para poder domiciliar o servicio.

Se o alumno ademáis ten algún tipo de alerxia ou dieta específica deberas entregar tamén este outo impreso. Os dous impresos podes imprimilos dende aquí cubrilos e deixalos no buzón da ANPA, ou pedirllos a persoa responsable do comedor no horario de comedor ou madrugadores, ou ben entregarllo a algún membro da Xunta Directiva.

Se o neno padece algunha dieta ou alerxia ademáis de etregarnos o documento correspondente, debe vir acompañado do informe médico.

Canto costa xantar no cole?

Se non és socio/a da ANPA terás que pagar unha matrícula anual, que para este curso 2016-2017 a Asamblea Xeral da ANPA fixou en 50 €. Ao prezo das mensualidades deberás engadirlle o seguro de accidentes, que só pagarás na primeira mensualidade, que ten un coste de 4 € por curso e comensal. Lembra que estas tarifas non só inclúen a comida, se non o coidado e entretemento educativo dos alumnos no periodo de tempo que vai dende ás 14:00 ata ás 16:00.

  • 5 días á semana: 77,55 €
  • 4 días á semana: 63,65 €
  • 3 días á semana: 48,22 €
  • 2 días á semana: 32,32€
  • 1 día  á semana: 16,26 €
  • Esporádico: 5,65 €/día

Cando existan dous irmáns acudindo ó comedor, existirá un desconto do 10% para a modalidae menos onerosa. Se son tres ou máis irmans, o desconto será do 12% tamén nas modalidades menos onerosas.

Que é iso da "modalidade na que asistirá"?

É un apartado da solicitude de praza, e refírese a que días vai a asistir o teu fillo/a ao comedor. Tes tres posibilidades:
  1. Modalidade Fixa: comensais que quedan no cole a xantar todos os días lectivos do mes.
  2. Modalidade Fixa discontinuo: aqueles alumnos que quedan a comer sempre os mesmos días pero non van todos os días ao comedor (martes e xoves ou luns, mércores e venres... por exemplo)
  3. Modalidade Esporádica: vas necesitar que o teu fillo/a coma no cole, pero só de cando en vez, e ademáis non sabes qué día... esta é a túa modalidade. Terás que avisar á empresa o día anterior chamando o teléfono (981.126.627). Tamén nesta modalidade é necesario que pages o seguro de accidentes, que tamén se domiciliará, e de non ser socio/a, a matrícula de comedor.

Que come o meu fillo/a?

O persoal do comedor facilitarache os menús mensualmente para que saibas que é o que come o teu fillo/a cada día, ademáis tamén o poderás consultar na sección "Que como?" da nosa web. Tamén poderás dirixirte ao persoal do comedor para saber que tal comeu o teu fillo/a ese día que había ese prato de primeiro que nunca come na casa ¡sorprenderache o que comen cando están todos xuntos!

A partir de agora necesito que vaia mais/menos días a xantar...

Non te preocupes, case todo ten solución nesta vida... Só terás que cumprimentar un impreso que podes descargalo desde aquí, ou pedirllo a persoa encargada do comedor.  Lembra facelo antes do día 30 do mes anterior ao que queiras que se empecen a aplicar eses cambios, esta data tope ven dada por un tema organizativo e de facturación da propia empresa contratada. De todos os xeitos se xa pasa do día 30 sempre se pode buscar unha solución que se axuste as túas necesidades.

Hoxe non queda a xantar ¿que fago?

Pois avisar antes de nada ao colexio: 981.291.219 lembra que cada titor ten a lista dos alumnos que quedan cada día a xantar e xusto antes da saída preparan aos alumnos que asistirán ao comedor ese día. E por outra banda, tamén estaría moi ben que avisases a empresa que temos contratada para prestar o servizo de comedor no cole Jardanay: 981.126.627, preferiblemente antes das 9:30 da mañá dese mesmo día, podes facelo tamén deixándolles unha mensaxe no contestador se non os colles nese momento ou mesmo se acordas pola noite ou o domingo antes, por exemplo.

Necesito que o meu fillo/a quede a xantar hoxe no cole

Pois avisar antes de nada ao colexio: 881960763 lembra que cada titor ten a lista dos alumnos que quedan cada día a xantar e xusto antes da saída preparan aos alumnos que asistirán ao comedor ese día. E por outra banda, avisa a empresa que temos contratada para prestar o servizo de comedor no cole Jardanay: 981.126.627, antes das 9:30 da mañá dese mesmo día, podes facelo tamén deixándolles unha mensaxe no contestador se non os colles nese momento ou mesmo se acordas pola noita ou o domingo antes, por exemplo.

Lembra que para usar o servizo debes estar dado de alta nel, cumprimentando a correspondente solicitude, tendo aboado o seguro de accidentes correspondente e, no caso de non ser socio, aboar tamén a matrícula do comedor.

Intolerancias, alerxias, dietas... ¿qué fago?

Se o teu fillo/a ten algunha intolerancia, alerxia, é celíaco/a, etc... debes facerllo saber a empresa que nos subministra a comida, Jardanay, cumprimentando a seguinte solicitude  ademáis deberás achegar o informe médico correspondente. A empresa subministrará o prato adecuado para o teu fillo/a tendo en conta estas prescripcións.

Se o que precisas é tan só un ou máis días o teu fillo/a, por calquera motivo, tome algún tipo de dieta branda, faillo saber a Jardanay: 981.126.627 incluso no mesmo día antes das 11:00 da mañá.

Onde consigo os impresos para darme de alta/baixa/modificación no comedor?

Podes descargalos desde aquí:

1. Solicitude de comedor

2. Solicitude de baixa ou modificación

3. Información alerxias/intolerancias alimentarias

Unha vez cumprimentados podelos deixar no buzón da ANPA, entregarllos a persoa responsable do comedor ou calquer membro da Xunta Directiva.

Podes solicitarllos a persoa responsable do comedor.