Actividades‎ > ‎

Os foraxidos Dalton volven a cadea de Feáns co 2º premio de Cambre

publicado a la‎(s)‎ 17 feb. 2013 9:59 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 23 feb. 2013 0:35 por Usuario desconocido ]
E unha vez máis o entroido volve a premiar a comparsa de Lucky Luke e retornamos para casa co 2º premio en carrozas do Concello de Cambre.

Esta banda de foraxidos, Os Dalton, seguiu a súa fuxida pola comarca cara o Concello de Cambre... o can Rantanplán seguiulle o rastro e por fin Lucky Luke puido metelos entre reixas de novo e levalos ao cárcere de Feáns ¿para sempre?

Lucky Luke (Juan, O Gorrión) a lombos de Jolly Jumper, increíble cabalo por dentro e por fora

O tempo portouse e disfrutamos dunha boa tarde de entroido en Cambre coa xente de Feáns: a comparsa volveu desfilar con todo o seu esplendor, as bailarinas de Can-Can incansables, os irmáns Dalton fuxindo á carreira, os pequenos Lucky Luke correndo tras deles, o Sherif dirixindo a operación, o can Rantamplan espatarrándose no chan cada vez que veía aos temibles foraxidos, as damas daquel tempo acompañando aos bravos vaqueiros, o pianista no saloon e, como non, Jolly Jumper, ese espectacular cabalo con corazón de desbrozadora.

O corazón de desbrozadora do cabalo Jolly Jumper asombrou a propios e extraños

Agora si, remata o entroido, atrás queda moito traballo pero tamén moitos momentos irrepetibles, traballo en equipo, diversión para grandes e cativos, momentos gastronómicos, xenialidades... ¿repetiremos no 2014? Por agora deixámosvos un novo álbum de fotos en Cambre para que compartades connosco eses momentos.

 Aquí tedes o álbum de fotos do noso paso polo Concello de Cambre tras os Dalton




Aquí tedes algunhas ligazóns de interese:



Comments