Actividades‎ > ‎

Os Dalton escapan de Arteixo co 2º premio

publicado a la‎(s)‎ 13 feb. 2013 3:59 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 17 feb. 2013 13:43 por Usuario desconocido ]
Tamén en Arteixo valoraron o traballo da comparsa da AAVV de Feáns, coa que colaboramos este entroido, e volvemos para casa co 2º premio na categoría de carrozas.

Aínda que o tempo non acompañou... mal pensaban os Dalton se creían que iso nos ía botar atrás. De novo o peso da lei caeu sobre estes foraxidos que, tras escapar do cárcere de Feans, corrían ceibes polas rúas de Arteixo facendo das súas. 

O tempo non acompañou pero non hai quen nos deteña cando se trata de seguir aos Dalton

Lucky Luke, o seu cabalo Jolly Jumper, o can Rantamplan, as bailarinas do Can-Can, o barman, os axudantes do Sherif, as mulleres dos aguerridos vaqueiros... alí estivemos todos á caza e captura deses temibles foraxidos: Os Dalton. 

Velaí tedes a documentación gráfica do noso paso polas rúas de Arteixo

Traballo de semanas e semanas, de costura, de taller, de soldadura e enxeño creativo... tantas horas investidas... pero ¿e o ben que o pasamos?



Reseñas nos medios:



Comments