Actividades‎ > ‎

Inscripción Actividades curso 2016-2017

publicado a la‎(s)‎ 9 sept. 2016 8:27 por Belén Arias García   [ actualizado el 8 dic. 2016 12:47 por Carlos Varela Paz ]
Comeza o prazo de inscripción para as actividades extraescolares deste curso 2016-2017


Un curso máis comeza o prazo de inscripción para as actividades extraescolares organizadas e xestionadas pola ANPA. Tras a reunión que fixemos en xuño onde se vos indicou o horario provisional previsto de actividades engadimos, atendendo as vosas demandas, algunha proposta máis que, coma sempre, dependerá da vosa participación para poder chegar a bó termo.

Cabe recordaros que se en algunha actividade non se chega o mínimo requerido non se podrá poñer en funcionamento. Así como se durante o curso houbera un detrimento sustancial no número de inscritos, cabe a posibilidade de que nos vexamos obrigados a suspendela, ou de subrille-lo custo os demáis inscritos, que sempre sería comunicado para ver a mellor solución posible.

Tamén queremos poñer en coñecemento de todos que debido o descontento do curso pasado coa actividade de Inglés este ano hemos optado por outra opción que esperemos que sea do agrado de todos.

Para facilitar a todos as cousas haberá un único periodo de inscripción para todas as actividades, do 9 ao 19 de setembro.

Agradecémosvos que, de ser posible, fagades a inscripción mediante o formulario on-line, aínda que tamén o podedes facer a través da folla de inscripción que vos enviaremos a través das mochilas dos cativos.

Aproveitamos para lembrarvos que toda a información que enviamos ao centro para o reparto entre o alumnado queda a vosa disposición no apartado circulares desta web, para que a teñades sempre a man. 

Para facer a inscripción, como seguro que teredes que facer un auténtico puzzle, recomendámosvos que teñades a man os horarios:

A continuación facémosvos un pequeno resumo das actividades/prezos.

Organizadas pola ANPA


Informática

Clases dunha hora/semanal por grupo. 
Grupos E, H, D  >> Infantil
Grupos A ,D >>  1º- 2º primaria
Grupos G >> 2º - 6º Primaria
Grupos B, C, F >> 3º - 4º Primaria

PRECIOS
Non socios: 35 € de outubro a decembro e 50 €  de xaneiro a fin de curso
Socios: 25 € de outubro a decembro e 40 €  de xaneiro a fin de curso

Como ven sendo habitual volvemos a contar con Juan Carlos, ese "profe" que gusta tanto a os nenos como a os pais.

Nas clases de infantil aprenden a manexar o rato a coller destreza manual e visual con xogos.

Nas clases de primaria xa nos metemos máis en profundidade, desde programas para aprender mecanografía ou algún tratamento de texto, pero sempre desde un punto de vista lúdico.


Inglés

Clases dunha hora/semanal por grupo. 
Grupos B, C, F, I   >>  Infantil
Grupos A, J   >>  1º - 2º Primaria
Grupos D, G   >>   3º - 4º Primaria
Grupos E, H   >>   5º - 6º Primaria

PRECIOS
Non socios: 20 €/ mes
Socios: 12 €/ mes

Este curso vamos optar por outra opción, que esperemos que sea do agrado de todos.


Judo

Clases de 2 horas/semanais por grupo
Grupo A >> Infantil
Grupo B >> Primaria

PRECIOS
Cota federativa (anual ~30€)
Non socios: 25 €/mes
Socios: 
  1º hermano: 18 €/mes
  2º y 3º hermano: 14 €/mes

Dende o Ximnasio Fibra envianse os monitores para a práctica deste deporte no noso centro. O pago da federación inclúe un seguro específico de accidentes deportivos asi como a posibilidade de participar en duas salidas cos nenos, entre elas o tan famoso Miguelito.


Música

Clases de 1 hora/semanal por grupo
Primaria

PRECIOS
Non socios: 25 €/mes 
Socios: 20 €/mes
(material incluido)

Traballaremos lenguaxe musical, e probaremos diferentes instrumentos.


Juegos Musicales

Clases de 1 hora/semanal por grupo
Infantil

PRECIOS
Non socios: 25 €/mes 
Socios: 20 €/mes
(material incluido)

Traballaremos lenguaxe musical, e probaremos diferentes instrumentos.



Dependentes do Concello da Coruña


Por unha banda temos as actividades incluídas no programa municipal de Deporte no Centro, que no caso do noso colexio serían:

  • Patín
  • Axedrez e xogos de taboleiro
  • Multideporte
  • Xogos de taboleiro
  • Xogos motrices
  • Hokey en línea

Clases de 2 horas semanais, por un prezo de 33 € por alumno e curso. (máis info no folleto)



Este ano hemos incluido tamen as actividades incluídas no programa municipal de POE, que no caso do noso colexio serían:

  • EXPERIMENTART
  • TEATRO
Clases de 2 horas semanais, por un prezo por actividade e trimestre de 10€ (máis info no folleto)



Por outra banda dentro da Campaña de natación escolar e só para alumnos de segundo ciclo de primaria (3º e 4º de primaria):

  • Natación: 1 hora semanal, todos os martes lectivos do curso, por 53,47 € todo o curso escolar. o prezo inclúe o traslado en autobús do centro á piscina e a correspondente cobertura sanitaria. Recolleríase aos alumnos no centro sobre ás 15:40 e volverían ao mesmo sobre ás 18:15.

Municipais 2016-2017


Os formularios de inscripción para estas actividades municipais e as fichas de socio entregaranse na reunión do xoves día 15 ás 19:00.

Sobre os prazos para facerse socio este ano manteremolo ata o día 15 de Octubre. Todo socio que mudou de datos con respecto o ano anterior (por ex. outro irmán no centro), ten que volver entregar a ficha de socio.

As persoas que teñen os recibos domiciliados, se non notifican o contrario, pasarase o cobro o día 15 de octubro a cuota de socio correspondente a este ano.

Tamén poderedes abonar as correspondentes cotas a través da nosa conta de La Caixa
ES84 2100 5876 2802 0003 1785 indicando o Nome do alumno e a concepto.


Ademáis do día da reunión nos podedes facer chegar as vosas dúbidas a: 

Solicitude de inscripción para actividades da ANPA 2016-2017


Comments