Actividades‎ > ‎

FIN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

publicado a la‎(s)‎ 2 may. 2017 5:27 por María Romero Roel

REMATAN AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


1- ACTIVIDADES XESTIONADAS POLO ANPA AS LAVANDEIRAS:
rematan a semana do 29 de maio ao 2 de xuño.
Informática, inglés, judo, música e ludi-Cole.


2- ACTIVIDADES XESTIONADAS POR FEDERACIÓN DE ANPAs:
nos propoñen dúas alternativas e temos que tomar decisións: Patinaxe, hockey, xogos, axedrez, experiment-art e piscina.

a) Continuar coas actividades de Deporte no Centro ata o venres 16 de xuño e logo na semana do 19 ao 23 suscribir o programa Cóxegas. 

b) Rematar as actividades o 31 de maio e suscribir o programa Cóxegas durante esas 3 semanas de xuño que hai clase.

PROGRAMA CÓXEGAS  prezos e horarios: 

Para os Centros que rematen a actividade o 31 de maio: 
CÓXEGAS do 1 ó 23 de xuño cun prezo de 15 € e horario de 16:00 á 18 horas de luns a venres. 

Para os Centros que rematen a actividade o día 16 de xuño: 
CÓXEGAS do 19 ó 23 de xuño cun prezo de 5 € e horario de 16:00 á 18 horas.

Agradeceriámosvos que puidésedes encher o formulario

Enquisa actividades xuño 2017

Coas respostas obtidas ata o domingo 7 de maio tomaremos unha decisión que vos comunicaremos a seguinte semana para que nos poidamos organizar.



 
Ċ
María Romero Roel,
2 may. 2017 5:27
Comments