Actividades‎ > ‎

CÓXEGAS Actividade para a Conciliación Familiar

publicado a la‎(s)‎ 6 sept. 2016 8:21 por Belén Arias García   [ actualizado el 6 sept. 2016 8:23 ]
Comeza un novo curso en comezamos con novidades. Presentamosvos un novo programa para axudar a conciliación nos periodos de Setembro e Xuño.

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, en colaboración co SME, e como ampliación dos programas de Lecer e Deporte que realizamos nos CEIPs da cidade durante todo o curso escolar, pretende dar a oportunidade de que as familias que o necesiten poidan deixar aos seus fillos e fillas no colexio pola tarde desde o primeiro día do inicio do curso escolar, co fin de facilitar a conciliación familiar a moitos pais e nais cuxo período vacacional non coincide co comezo do curso escolar.

Por iso nace, de maneira experimental, o Programa de conciliación Cóxegas, que trataremos de incluilo no noso centro a partir de día 12 de setembro até fin de mes, en horario de 16.00 a 18.00 h.

Programa que ten como eixos principais, por unha banda, favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade de nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas adecuadas a cada idade e, por outro, afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia.

As actividades serán de xogo, lectura e estudo libres.

PERSOAS DESTINATARIAS

Alumnado de E. Infantil e E. primaria

PERÍODO DE REALIZACIÓN

De 12 a 30 de setembro de 2016.

HORARIO

De luns a venres, de 16:00h a 18:00h.

CUSTO

10 €

INSCRIPCIÓN

Para formalizar a inscripción debes facernos chegar a ANPA o impreso que está enlazado nesta noticia, ou tamén podelo cubrir on-line en este enlace.

De calquera das dúas formas tes que facernos chegar esa inscripción ou ben a algún membro da ANPA ou no buzón que esta na entrada do colexio.

Lembra facer o ingreso/transferencia na conta da ANPA ES84 2100 5876 2802 0003 1785 para completar a inscripción. Concepto: Indica o nome do alumno + COXEGAS.

Podedes ver toda a información na web do Ayuntamiento aquí.


Ċ
Belén Arias García,
6 sept. 2016 8:21
Comments