Actividades‎ > ‎

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2020-2021

publicado a la‎(s)‎ 19 sept. 2020 23:10 por María Romero Roel   [ actualizado el 3 oct. 2020 23:59 ]

ENTRADAS E SAÍDAS DOS NEN@S NAS ACTIVIDADES

  • Lembrade que seguindo o protocolo COVID -19 que marca o Colexio CEIP Manuel Murguía, os pais, nais, titores legais ou acompañantes dos menos e nenas, non poden acceder ao recinto do Colexio.

  • Coordinador do centro de Protocolo COVID-19: Carlos (educador que leva connosco moitos anos impartindo a actividade de patinaxe, gran coñecedor do colexio e dos nen@s). É a persoa encargada do cumprimento do protocolo Covid-19 nas actividades extraescolares do colexio.

ENTRADAS

NEN@S PROCEDENTES DE COMEDOR.

1.  15:50. Os educadores de comedor, recollerán aos nen@s que teñan actividades segundo o día que corresponda, e situaranos no ximnasio segundo a actividade e gardando as distancias esixidas segundo protocolo COVID-19.

2.    15:52. Chega o coordinador do centro de protocolo Covid-19, das actividades extraescolares Carlos ao gimnasio.

3.    Procédese á toma de temperatura aos nen@s.

En caso:

·   POSITIVO: o nen@ NON accede á actividade. Chámase aos seus pais, nais ou titores legais. O nen@ xunto co coordinador do centro, esperarán ao pai, nai, titor legai ou persoa autorizada para a súa recollida na aula de illamento (aula de departamento de orientación).

·         NEGATIVO: O nen@ accede á actividade.

4.    Procédese á limpeza de mans con xel desinfectante.

5.    O grupo xunto co educador correspondente segundo a actividade, esperará situado no ximnasio ata completarse cos nenos procedentes de casa.

 

NEN@S PROCEDENTES DA CASA. (15:55 h)

1.    15:55. Hora de entrada. Realizarase pola porta exterior pequena do colexio, (a que está na metade da costa).

2.    Os pais, nais, titores legais ou acompañantes xunto cos nen@s, esperarán a que o coordinador do centro Carlos, proceda á toma de temperatura para a comprobación de existencia de febre.

En caso:

·         POSITIVO: o nen@ NON accede á actividade

·         NEGATIVO: o nen@ accede á actividade.

3.    Procédese á limpeza de mans con xel desinfectante.

4.    Reúnese co resto do grupo no ximnasio, onde o educador da actividade correspondente e os seus compañeiros estarán ao esperar.

 

SAÍDAS 17:00

1.    17:00. Realizaranse a través da porta exterior pequena do colexio, (a que está na metade da costa, a mesma que a das entradas).

2.    Entregaranse os nenos ordenadamente por grupos, segundo a actividade e mantendo as distancias de seguridade.

 

Grazas pola vosa responsabilidade.

 

Lembrade que é a maior e mais eficiente medida para a seguridade de todos os nosos nen@s.

 

Mantede as distancias de seguridade fóra do recinto escolar.


Actividades extraescolares para o curso 2020-2021.


Actividades Extraescolares 2020-2021

Todas as actividades ofertadas son do Convenio entre o Concello da Coruña e Federación de ANPAS.

· DEPORTE NO CENTRO: Xogos motrices,patin, prepatinaxe,multidxt.

· IDIOMAS: English lab.

Como xa sabedes, o C.E.I. P. Manuel Murguía posúe o Plan COVID-19, plan que en todo momento debe seguirse nas actividades extraescolares.

O ANPA xunto con Federación de ANPAS, elaborou un Plan COVID-19 para as actividades extraescolares para o noso colexio. 


PERÍODO DE REALIZACIÓN

01 de outubro de 2020 ao 31 de maio de 2021.


COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 20/21 nos seguintes períodos:

DEPORTE NO CENTRO

• Período outubro-decembro: 15€ por participante e escola deportiva.

• Período xaneiro-marzo: 15€ por participante e escola deportiva.

• Período abril-maio: 10€ por participante e escola deportiva.

ARTE E CULTURA NO CENTRO - OBRADOIROS

• Período octubre-decembro: 15 € por participante e Obradoiro.

• Período xaneiro-marzo: 15 € por participante e Obradoiro.

• Período abril-maio: 10 € por participante e Obradoiro.

IDIOMAS: ENGLISH LAB 

• Período outubro-decembro: 45€ por participante/ trimestre. (15 € por participante/mes)

• Período xaneiro-marzo: 45€ por participante/ trimestre. (15 € por participante/mes)

• Período abril-maio: 30 por participante/ trimestre. (15 € por participante/mes)


SEGURO DE ACCIDENTES



PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN  

CONTINÚA ABERTO

A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón que figura abaixo, e posta a disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado a nena ou o neno participante.

INSCRICIÓNS


QUE FAN en idiomas:



con calquera dúbida ou consulta poñédevos en contacto no mail:

actividades@aslavandeiras.es


CONDICIÓNS XERAIS DE PARTICIPACIÓN*

• Estar matriculado nun centro público do concello de A Coruña. • Formalizar a inscrición on-line e aboar a cota das actividades solicitadas. • Deberán inscribirse un mínimo de 10 participartes para a formación de grupo. • Se un participante precisase un apoio específico deberá indicalo no formulario de inscrición. Esta solicitude de apoio será estudada pola Federación Provincial de ANPAs para valorar a súa viabilidade en función dos recursos dispoñibles. • Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes, non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións axeitadas, facilitarase aos solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben valorarase conxuntamente coas familias substituir esa actividade por outra que si requira as condicións necesarias para a súa posta en marcha. • Aboar a cota única de 4€ en concepto de seguro de accidentes que lle dará cobertura en calquera das actividades xestionadas pola Federación de ANPAs no curso 20/21. • En caso de ser beneficiario da exención de cota dos programas, exhibir a requerimento da Federación de ANPAS o documento acreditativo de ser beneficiario da beca comedor para o curso 20/21. • Cumprir as normas de convivencia do centro e manter unha actitude de respecto no desenvolvemento das actividades. En caso de non cumprirse aplicaráse o protocolo sancionador presente no centro educativo ou na ANPA dese centro. • As actividades solicitadas serán escollidas entre todas as ofertadas por o ANPA no centro no que está matriculado. Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estean matriculadas/ os nel, sempre que sexa xustificada a súa participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe.

* Estas condicións xerais de participación manteránse para todos os programas de lecer



Ċ
Patricia Ferreiro Gómez,
30 sept. 2020 9:21
Ċ
Patricia Ferreiro Gómez,
30 sept. 2020 9:21
Comments