Este ano desde a Federación van realizar todo o
proceso de inscrición dos programas municipais online polo que imos ter que
pedirvos que cubrais dous formularios:
a) O do ANPA, para poder actualizar todos os datos
e que vos inscribais nas nosas actividades .Ademais de que actualizaremos tamén
a formalización para ser socios do ANPA, así como as autorizacións de Recollida
e de Imaxe. Para iso poderedes facelo desde a seguinte ligazón:
Que estará á vosa disposición para partir do mércores 11 de setembro ás
20:00 h. Para que a información poida chegar a todas as familias.
Data tope de
inscrición : VENRES 20 de SETEMBRO.
b) O de FEDERACIÓN, para aqueles que esteamos interesados nas actividades de
DEPORTE no CENTRO ou POE, achegámosvos o triptico das actividades onde veredes
os prezos e o cadro de ACTIVIDADES cos horarios propios do noso centro, estas
actividades están marcadas cun *.
Para iso poderedes facelo desde a seguinte
ligazón:
Data tope de inscrición :
VENRES 20 de SETEMBRO.
Comentarvos que desde Federación nos trasladan que:
- a
cobranza de actividades realizarase por domiciliación bancaria nos 10 primeiros
días do período e cargarase a cota que corresponda (revisar no tríptico).
- que
os gastos derivados da devolución dos recibos corerrán por conta dos usuarios.
- unha vez inscritos nos programa de POE e Deporte no Centro, a renovación da
inscrición para os seguintes períodos realízase automaticamente, polo que se
non deseais continuar na actividade tedes que comunicalo via e-mail a ocio@fedapascoruna.org
nos 15 días anteriores á finalización do período no que está rexistrado, é
dicir para Deporte antes do 1 de decembro e para POE antes do 1 de decembro ou
1 de marzo.