Actividades‎ > ‎

3º premio para Lucky Luke ao seu paso pola Coruña

publicado a la‎(s)‎ 10 feb. 2013 4:04 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 17 feb. 2013 13:42 por Usuario desconocido ]
A comparsa da AAVV O Freixo de Feáns, coa que colaboramos no entroido este ano, consegue un accésit no vestiario e 3º premio na categoría de carrozas.

Os temibles foraxidos irmáns Dalton apareceron en Feáns... pero alí estaba Lucky Luke a lombos do seu fiel corcel Jolly Jumper e o seu can Rantanplán para apresalos e levalos ante a xustiza...

 Os Dalton tentaron escapar, sen éxito, en varias ocasións durante o percorrido

Non faltou nin o máis mínimo detalle: o inxenio de Juan, que motorizou cabalo e carroza para deixar coa boca aberta a propios e estranos, os Dalton no cárcere, o can, a nai dos Dalton, o enterrador co ataúde ao lombo, as bailarinas de Can-Can, un auténtico salon do lonxano oeste coas súas partidas de póker, o barman, o pianista, as mulleres de época...

Dende os preparativos ata o desfile, pasando pola cea de fin de festa... o importante: desfrutar

Traballo de meses no taller para materializar un cabalo que galopa movido por un motor de desbrozadora, unha carroza tirada polos cabalos dunha vella moto, o cárcere dos Dalton, o salón do lonxano oeste... todo feito a man, todo froito do enxenio humán que habita en Feáns. Os traxes de época, os das bailarinas de Can-Can... patronaxe e confección profesional por parte das costureiras do barrio. Ata houbo que se construiu a súas propias armas, petaca, cartucheiras... Toda unha maquinaria perfectamente engrasada para percorrer as rúas da Coruña e, sobre todo: desfrutar do entroido. Cativos e maiores pasárono pipa, e repetirán experiencia o vindeiro martes en Arteixo. 



» Ver o álbum fotográfico de La Voz de Galicia.

» Tamén podedes ver algunhas reseñas na prensa de hoxe:



Comments